A ETSE acollerá as probas de selección do Programa Talentum Startups

A ETSE acollerá as probas de selección de bolseiros no marco do Programa Talentum Startups. Os alumnos seleccionados poderán gozar dunha bolsa de 6 meses a tempo parcial (5 horas), cunha remuneración de 500 € mensuais para a realización de prácticas no CiTIUS.

As probas desenvolveranse o mércores 30 de abril na Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC (Aula 6 ás 12:00 horas; Aula 7 ás 17:00 horas) e serán enviadas ao xurado  do programa Talentum, que serán os encargados de facer a selección de candidatos.

Aínda que non hai unha limitación en canto aos estudos que permiten acceder ao programa, daráselle prioridade aos candidatos que procedan de estudos tecnolóxicos. Podes atopar máis información sobre o programa na seguinte ligazón.

Aclaración (28/04/2014): As bases ligadas orixinalmente facían referenci a unhas datas e localizacións incorrectas. As persoas interesadas na convocatoria poden acudir ás probas o día indicado a calquera das horas indicadas, sen necesidade de presentar a solicitude previamente. A solicitud poderá facerse in situ o día da proba.