Aberto o prazo de inscrición no Máster en Marketing Dixital da USC

Este máster, dirixido a traballadores ou universitarios titulados que desexen formarse no campo da Mercadotecnia Dixital e converterse en grandes profesionais deste sector, formará profesionais en áreas de grande demanda como a xestión de comunidades online, a creación e planificación de proxectos web, a consultoría SEO/SEM, o Mobile Marketing, planificación e implementación de campañas de mercadotecnia online e outras técnicas avanzadas especializadas na mercadotecnia dixital.

O programa está pensado para que o alumno consiga alcanzar catro obxectivos esenciais:

  1. Familiarizarse co uso de todas as canles de comunicación dispoñibles, usando os medios dixitais.
  2. Coñecer experiencias prácticas en mercadotecnia dixital e aprender a implementalas.
  3. Coñecer as últimas tendencias en mercadotecnia dixital, para ser capaz de incorporalas con éxito á estratexia de mercadotecnia da empresa.
  4. Deseñar e xestionar as campañas de comunicación de maneira que xeren resposta nos clientes e resultados na empresa.

Os alumnos terán relatorios online con prestixiosos especialistas de diversos sectores empresariais que explicarán a que problemas estanse enfrontando e como están a resolvelos aplicando estratexias da Mercadotecnia Dixital. Ademais, o estudante desenvolverá un proxecto para unha empresa galega ao longo do curso, que deberá presentar ao final do mesmo e, en función dos resultados, implementalo na empresa.

Un 10% das clases serán impartidas en inglés para que o alumno se familiarice coa terminoloxía empregada no mundo dixital.

Máis información nesta ligazón