Bolsas de verán CiTIUS

Comeza a túa investigación este verán

Se pensas que o teu é a ciencia e superaches o teu terceiro curso de Grao en Informática, Enxeñaría de Telecomunicacións, Matemáticas, Física ou algunha disciplina afín, este verán terás a oportunidade de vivir a experiencia da investigación no CiTIUS.

Poderás coñecer cales son as últimas tecnoloxías que se están desenvolvendo para dar soporte ao Big Data, como se realiza o recoñecemento de obxectos en imaxes e vídeos, como integrar a información de miles de sensores na Internet das Cousas, ou os últimos avances en técnicas de aprendizaxe para tratar con información temporal.

Ofrecemos 4 bolsas de verán dun mes de duración, que che brindarán a posibilidade de traballar man a man cos investigadores do Centro nunha das temáticas dos nosos Programas Científicos. As bolsas son de 700 € máis unha axuda para gastos de viaxe.

Para presentarte, tes que finalizar o terceiro curso de Grao ou superar cando menos 140 créditos cunha nota media superior ou igual a 8 sobre 10. Só tes que enviarnos a información requirida a citius.idi@usc.es co asunto [BOLSAS DE VERÁN] non máis tarde do 11 de xuño. Todos os detalles da convocatoria atópanse en http://citius.usc.es/verano.

Bases da convocatoria e formulario de solicitude