Convocatoria de bolsas de investigación 2015 da Deputación da Coruña

O obxecto da convocatoria e a concesión de dezaoito bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concurrencia competitiva, destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período 2015-2016, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas nas seguintes áreas:

Área de ciencias sociais e xurídicas: 3 bolsas

Área de ciencias : 4 bolsas

Área de ciencias da saúde: 4 bolsas

Área de enxeñeria e arquitectura: 2 bolsas

Área de artes e humanidades: 5 bolsas

A dotación das bolsas é de 137.250,00 € (7.625 € cada unha).

Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar un traballo de investigación e reúnan todos os requisitos que de seguido se relacionan:

2.1.–Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grado o equivalente) recoñecida oficialmente.

2.2.–Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado ou volante de empadroamento cunha antiguidade mínima dun ano antes da data da publicación no BOP da convocatoria. A data de expedición do certificado ou volante será posterior á da publicación desta convocatoria no BOP.

2.3.–Non ser ser titular, no momento no que se produza a adxudicación da bolsa e durante a duración desta, de ningunha outra bolsa de investigación para o mesmo período, ainda que a investigación sexa diferente.

Os titulares de bolsa en anteriores convocatorias, non están excluídos de participar nesta, sempre que cumplan todos os requisitos.

Máis información na seguinte ligazón