Convocatoria de Contratos CiTIUS de Inicio á Investigación

O CiTIUS convoca catro contratos de inicio á investigación destinados a estudantes matriculados en máster ou en etapa de tese para a súa incorporación ao centro de investigación.

A convocatoria ten por obxectivo a captación de estudantes predoutorais interesados en desenvolver a súa tese nunha das liñas de investigación do CiTIUS. Os contratos, dun máximo de dez meses de duración, pretenden cubrir o período existente entre o remate dos estudos de Grao ou Máster e a resolución das axudas predoutorais autonómicas e estatais.

Poden presentarse solicitudes até o vindeiro día 16 de febreiro.

Máis información sobre a convocatoria e os formularios de inscrición na seguinte ligazón: