Convocatoria de contratos de inicio á investigación

O CiTIUS convoca catro contratos a tempo parcial de inicio á investigación destinados a estudantes matriculados nun máster ou en etapa de tese, que desexen iniciar a súa actividade investigadora no CiTIUS e posteriormente a súa tese doutoral no Centro.

A convocatoria ten por obxectivo a captación de estudantes predoutorais interesados en desenvolver a súa tese nalgunha das liñas de investigación do CiTIUS. Os contratos son a tempo parcial (20h/semana), dun máximo de oito meses de duración (ata o 31 de outubro de 2015) e unha asignación salarial de 780€ brutos mensuais.

As candidaturas recibidas serán avaliadas mensualmente ata esgotar as prazas dispoñibles, e a resolución será publicada na wiki do CiTIUS.

Toda a información sobre a convocatoria e os formularios de inscrición está dispoñible na wiki do centro.