Estreamos a nova páxina web do CITIUS

Redeseñamos a nosa web co obxectivo de ofrecer un lugar máis práctico e, sobre todo, un contorno no que poidamos mostrar a nosa actividade investigadora.

A web ten un novo deseño gráfico, baseado na nosa imaxe corporativa, e pretende ser un reflexo do noso traballo, con información de actualidade, eventos, proxectos e demostradores tecnolóxicos, entre moitas outras novidades.

Nesta primeira etapa, algúns contidos e funcionalidades como a publicación de noticias e a xestión das incidencias TIC seguirase facendo a través da vella páxina web, que seguirá estando accesible no seguinte enderezo web: http://old.citius.usc.es/

Agora só queda agardar que sexa do agrado dos nosos investigadores e de todos os seus visitantes. Convidámosvos a que a visitedes con frecuencia, xa que este é un proxecto que seguirá mellorando e incorporando novos contidos e funcionalidades ao longo dos vinderos meses.

Nesta primeira versión, a web está dispoñible en galego e castelán, pero moi pronto incorporaremos tamén a versión en inglés.