O CiTIUS acolle a primeira reunión de traballo dunha nova rede de investigación interdisciplinar

O sector de Lingüística complétase co grupo TALG («Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega» - UVIGO), cuxo labor sustenta o traballo do recoñecido Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. Por último, co gallo de avanzar na utilización de técnicas novidosas na análise dos datos lingüísticos, a rede compleméntase coas achegas do grupo de estatística MODESTYA («Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións» - USC).