O CiTIUS organizou un workshop para promover o uso das novas tecnoloxías no sector turístico

O CiTIUS celebrou este martes o workshop “Turismo e novas tecnoloxías”, o primeiro evento que a Universidade de Santiago de Compostela dedica especificamente a esta temática. Neste obradoiro participaron unha quincena de representantes de empresas galegas e universidades que están a desenvolver proxectos destinados á modernización e adaptación do sector turístico ás TIC.

Verbo da temática da segunda mesa redonda, Rafael Simón, de Gaínza Partners destacou “o reto de de ver que necesidades de software ten a empresa privada” así como a “busca de partners” que impulsen a internacionalización do sector. Aspecto ao que tamén aludiu Eugenia Juncal, de Valora Consultores, salientando a necesidade dunha maior cooperación entre operadores turísticos e tecnolóxicos que permitan chegar aos “destinos intelixentes”, obxectivo ao que se dirixe o turismo mundial.