O CiTIUS presenta a plataforma «Govocitos» na feira de produtos do mar CONXEMAR 2013

A investigadora do CiTIUS Eva Cernadas vén de participar na recente edición de CONXEMAR 2013, a Feira de produtos do mar conxelados celebrada en Vigo entre os días 1 e 3 de outurbro.

Neste encontro internacional -unha das feiras máis importantes do sector en Europa-, foi presentada a plataforma de software Govocitos, desenvolta en colaboración co CSIC e a Universidade de Vigo. Govocitos é un software deseñado para analizar, por medio de técnicas de visión e intelixencia artificial, o potencial reprodutivo das poboacións de peixes para producir ovos viables. Govocitos facilita o traballo dos expertos en xestión de pesquerías e recursos mariños, de cara a predicir o rendemento dos caladoiros.