O CiTIUS presenta a súa tecnoloxía REC-CHOICE ante IBM e o MIT

Investigadores do centro presentan hoxe no 'Cambridge IBM  Innovation Center' de Boston o motor de recomendacións REC-CHOICE durante o encontro de referencia a nivel internacional para as tecnoloxías de recomendación.

Ata agora, as estratexias tradicionais utilizadas nos sistemas de recomendación baseábanse nos índices ou ratings (é dicir: na puntuación concedida previamente polo usuario a determinados produtos ou servizos). Con todo, estes modelos contan con limitacións contextuais difíciles de afrontar, o que con frecuencia acaba provocando imprecisións e, consecuentemente, un funcionamento deficitario dos sistemas.

Para superar algunhas destas limitacións, os investigadores do CiTIUS propuxeron neste traballo un cambio de modelo, fundamentando a súa proposta en paradigmas de toma de decisións como a elección e as teorías de utilidade; máis concretamente, os modelos aleatorios de utilidade foron aplicados nun problema de recomendación.

Os resultados demostraron que, ao comparar a predición obtida mediante esta novo paradigma cos algoritmos de última xeración baseados nos ratings dunha base de datos con puntuacións gastronómicas, o rendemento dos modelos baseados na elección era maior, o que levou aos investigadores a concluír que as eleccións reais poderían resultar de meirande valor predictivo que as tradicionais puntuacións ou ratings.