Oferta de emprego no CiTIUS

O CiTIUS oferta un contrato de apoio á investigación para participar nun proxecto a desenvolver no centro. Os interesados deberán formalizar a súa inscrición no proceso de selección a través do formulario anexo.

Desenvolvemento de interface gráfica de usuario para a análise cuantitativa de imaxes microscópicas en biomedicina en C++ usando GTK.

CONDICIÓNS DO CONTRATO

Categoría: técnico superior de apoio á investigación.
Data de inicio prevista: a partir do día seguinte a data da resolución reitoral de selección.
Previsión da duración do contrato: 4 meses e 29 días.
Xornada laboral: tempo completo.
Retribución mensual (bruto): 1.462,50 €.

REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS

Licenciado/a - Grao en Enxeñaría Informática; Licenciado/a - Grao en Física; Lenciado/a - Grao en Matemáticas; Licenciado/a - Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación; Licenciado/a - Grao en Enxeñaría Superior en Informática; Licenciado/a - Grao en Enxeñería Superior en Telecomunicacións

  • Experiencia en desenvolvemento de aplicacións en C++ con GTK, 40 puntos.
  • Entrevista persoal, 30 puntos.
  • Expediente académico, 30 puntos.