Presentación do proxecto AVECEN

O salón de actos do CiTIUS acollerá a presentación do novo proxecto 'AVECEN' o vindeiro 26 de novembro, entre as 10:00 e as 12:30.

O vindeiro martes 26 de novembro, o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) acollerá a presentación do proxecto AVECEN, que propón a creación dunha plataforma para autoxestión de enfermidades neurodexenerativas dirixida a pacientes, coidadores e profesionais médicos. Incorpora un asistente virtual que monitoriza e avalía de maneira continuada a execución de certas rutinas clínicas, realizando recomendacións adaptadas ao estado do paciente e avaliando o seu comportamento frecuente ou habitual. AVECEN analiza a evolución da enfermidade ao longo do tempo e valora en que medida ten lugar un empeoramento do estado de saúde. Ao mesmo tempo pretende mellorar a adherencia dos pacientes ás rutinas clínicas, ao tratamento prescrito e, en xeral, ás boas prácticas de xestión da enfermidade, tales como a actividade física, hábitos de vida saudable, avaliacións psicolóxicas ou cognitivas.

A xornada de presentación contará coa presenza de María Jesús Sobrido, especialista en Neuroloxía e enfermidades xenéticas, Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA e Begoña Cerqueiro, presidenta de APROPARK, ademais dos membros do consorcio.

A inscrición á xornada deberá farase a través do seguinte formulario de rexistro.

Máis información no programa oficial da xornada.