Senén Barro ingresa mañá na Real Academia das Ciencias (RAGC)

O vindeiro mércores,14 de Outubro, o Pazo de San Roque de Santiago de Compostela acollerá o acto solemne de ingreso do Profesor Dr. D. Senén Barro Ameneiro como Académico Numerario da Real Academia Galega das Ciencias (RAGC).

Senén Barro é Catedrático da USC na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e investigador adscrito ó CiTIUS, dende o que dirixe o Grupo de investigación en Sistemas Intelixentes (GSI). Foi Reitor da USC durante oito anos, e actualmente preside a rede de universidades RedeEmprendia.