Tres novas axudas predoutorais da Xunta financiarán novos traballos de tese no CiTIUS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria avala o desenvolvemento das teses doutorais de Ledicia Díaz Lago, Marcos Fernández Pichel e Lara Vázquez González

O CiTIUS reforza o seu potencial como ente comprometido coa formación de novos investigadores no ámbito das Tecnoloxías Intelixentes trala concesión de novas axudas para o desenvolvemento de teses de doutoramento. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén de conceder 3 das102 axudas de apoio á etapa predoutoral concedidas en 2021 a Ledicia Díaz Lago, Marcos Fernández Pichel e Lara Vázquez González, todos eles actualmente en etapa de formación predoutoral en diferentes liñas e programas científicos do CiTIUS.

O apoio do goberno autonómico destinarase a financiar os seus contratos durante un máximo de 3 anos, período no que os doutorandos permanecerán vinculados á Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Machine Learning para a optimización dos procesos industriais

A investigadora Ledicia Díaz Lago enfocará o seu traballo doutoral no estudo, desenvolvemento e optimización de modelos predictivos complexos para contornas industriais multidimensionais, altamente non lineais e con fortes dependencias temporais. O obxectivo do traballo de Ledicia é abordar a exploración de algoritmos de aprendizaxe automática para o estudo das dependencias temporais, co obxectivo de mellorar a optimización dos procesos industriais de manufacturación (e no marco do que xa se coñece como Industria 4.0).

Análise da credibilidade de contidos en liña relacionados coa saúde

Pola súa banda, o investigador Marcos Fernández Pichel centrará a súa tese no estudo do xeito no que os usuarios finais de Internet determinan a credibilidade dos contidos relacionados coa saúde dispoñibles na rede. Ademais, o traballo de Marcos servirá tamén para proporcionar unha serie de ferramentas automáticas que asistan aos usuarios á hora de determinar se os contidos que están a recibir son cribles ou non (por exemplo, aqueles relacionados co COVID-19 e os seus tratamentos).

MicroMeta Evaluator: avanzando na metaxenómica clínica

A tese de Lara Vázquez González abordará o desenvolvemento dunha ferramenta bioinformática que permita automatizar o proceso de detección e clasificación dos microorganismos presentes nunha mostra e, consecuentemente, realizar un diagnóstico clínico preciso. Ao longo do seu traballo, Lara desenvolverá un clasificador taxonómico baseado nunha arquitectura de redes neuronais, tratando de mellorar a taxa de clasificación dos métodos utilizados actualmente en secuencias con erros de secuenciación. Máis concretamente, con estas ferramentas estudaranse alternativas ao xene 16S RNA (xene diferenciador bacteriano), co obxectivo de que estas permitan mellorar a clasificación bacteriana,