«Ao sol» (sesión IX): 'A comunicación en galego na era das redes sociais: da xeración Xabarín á xeración #DígochoEu' | Con Esther Estévez e Carlos Amado
Na novena edición dos encontros 'Ao Sol' contaremos coa presenza dos xornalistas Esther Estévez e Carlos Amado. Carlos ten unha dilatada traxectoria nos medios de comunicación e é unha das caras máis míticas da Televisión de Galicia, onde actualmente presenta o Telexornal Serán e é coordinador de contidos web.
Esther, ademais de xornalista, é unha das 'influencers' máis destacadas no panorama galego, recentemente galardoada co Premio Mestre Mateo 2022 á mellor comunicadora. Na súa visita ao CiTIUS, falarannos da súa experiencia en televisión e, máis concretamente, do seu proxecto en común, o #DigochoEu, que leva xa máis de dous anos en marcha.
Contarannos cales son as claves do éxito de audiencias do programa, así como o impacto que está a ter entre as xeracións máis novas de galegas e galegos.
On-site event
/events/ao-sol-sesion-ix-a-comunicacion-en-galego-na-era-das-redes-sociais-da-xeracion-xabarin-a-xeracion-digochoeu-or-con-esther-estevez-e-carlos-amado
events_en