Curso de LaTeX

O CiTIUS abre o prazo de inscrición para persoal e estudantado da USC interesado en participar no curso de LaTeX que terá lugar no centro ó longo da semana que vén. Os candidatos deberán facer a solicitude mediante correo electrónico, comunicando a súa vinculación coa USC e o seu centro de procedencia no enderezo citius.idi@usc.es.

O prazo de inscrición finaliza o vindeiro xoves, 29 de maio.

O venres 30 comunicarase a lista definitiva de inscritos.

A continuación, descríbense os aspectos fundamentais do curso:

O obxectivo principal deste curso é que o alumno coñeza a filosofía e fundamentos lóxicos de LaTeX para poder traballar de xeito autónomo con este sistema de composición de textos. Este curso proporciona os coñecementos fundamentais para elaborar documentos de carácter científico, como artigos ou teses doctorais, pero tamén se contemplan outro tipo de formatos e elementos, como poden ser presentacións ou gráficos. Durante o curso proporcionaranse os recursos precisos para que o alumno poida profundizar en diferentes aspectos de LaTeX.

CARACTERÍSTICAS

Duración: 8 horas (4 sesións de 2 horas)
Material profesor: proxector
Material alumnos: navegador web, conta de correo
Idioma: galego
Dirixido a: usuarios cun coñecementos moi básicos de LaTeX

CONTIDOS

1: "Os ladrillos" (2 horas)

  • Reglas básicas
  • Estrutura física e lóxica
  • Formato do texto
  • Elementos con formato

2: "Facendo casas" (2 horas)

  • Elementos flotantes
  • Aspectos globais dun documento
  • Deseño da páxina

3: "Construíndo edificios" (2 horas)

  • Automatizando tarefas
  • Xerando bibliografía
  • Matemáticas

4: "Deseño de interiores" (2 horas)

  • Presentacións con Beamer
  • Gráficos con Tikz