Relatorio: «Avances en rendemento e fiabilidade do produto matricial»
O produto de matrices densas é un núcleo fundamental de computación, sobre o que se constrúen métodos máis elaborados de álxebra lineal (como a resolución de sistemas de ecuacións lineais, problemas de mínimos cadrados e cálculo de valores propios), e á súa vez complexas aplicacións científicas e de enxeñería. En consecuencia, con cada nova arquitectura, resulta necesario optimizar o funcionamento deste núcleo para facer un uso eficiente das múltiples unidades de coma flotante e os distintos niveis de xerarquía de memoria dun procesador, posiblemente multinúcleo.
Neste relatorio revisaremos o ámbito BLIS, desenvolvido na Universidade de Texas en Austin, para a implementación portable do produto de matrices, os principios de optimización multifebra que facilita esta implementación (similares aos doutras bibliotecas como GotoBLAS e OpenBLAS), o seu uso en procesadores asimétricos (por exemplo, ARM big.LITTLE), e a integración de técnicas de computación aproximada e/ou tolerante a fallos na implementación BLIS deste importante núcleo.
On-site event
/events/relatorio-avances-en-rendemento-e-fiabilidade-do-produto-matricial
events_en