Seminario de aproximación ao Open Access
Obxectivo
O obxectivo principal deste seminario é que o alumnado se aproxime ao concepto do Acceso Aberto: que é, cales son os seus beneficios e cales son as obrigas de acceso aberto de acordo ao marco normativo aplicable e os organismos de financiamento.
- Proporcionar formación xeral sobre o acceso aberto.
- Proporcionar información sobre as políticas e mandatos de acceso aberto dos organismos de financiamento de proxectos de investigación.
- Proporcionar unha visión xeral sobre o funcionamento do repositorio MINERVA.
Contidos
- Acceso aberto: conceptos básicos.
- Publicación en acceso aberto (Ruta dourada).
- Difusión en repositorios (Ruta verde).
- Os Acordos Transformativos na USC. (Novo epígrafe)
- Políticas e mandatos de acceso aberto dos organismos de financiamento.
- Minerva, repositorio institucional da USC. Autoarquivo en Minerva.
Sobre a ponente
Conchi Méndez García é licenciada en Historia pola USC. Traballa como axudante da Biblioteca Universitaria da USC. Na actualidade encárgase da xestión de Minerva, o repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela, así como do asesoramento a persoal docente e investigador en materia de acceso aberto e propiedade intelectual.
On-site event
/events/seminario-de-aproximacion-ao-open-access-630
events_en