O CiTIUS, referente do novo Laboratorio de Ideas en Intelixencia Artificial da AESIA
Senén Barro, director científico do centro, preside o Comité Asesor deste órgano estratéxico, presentado hoxe na Coruña para impulsar unha intelixencia artificial ética e fiable
O director científico do CiTIUS, Senén Barro, preside o comité asesor do novo Laboratorio de Ideas en intelixencia artificial da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA), presentado hoxe na Coruña como unha iniciativa clave para reforzar o liderado de España no desenvolvemento dunha IA confiable.
A creación do laboratorio sitúa Galicia no centro do debate sobre o futuro da IA en España
O novo órgano reúne unha trintena de especialistas de referencia do ámbito académico, institucional e empresarial co obxectivo de analizar os principais retos asociados ao despregamento da IA e achegar recomendacións en ámbitos de alto impacto social. En palabras de Senén Barro, o Laboratorio de Ideas «actúa como a intelixencia da propia intelixencia artificial», mentres que o seu comité asesor achega «a ollada humana e humanista necesaria para garantir un desenvolvemento confiable e orientado ao ben común».
Entre as súas liñas de traballo destacan a protección da dignidade das mulleres fronte aos sesgos algorítmicos, a loita contra a desinformación, a seguridade dixital da infancia ou a transformación do mercado laboral, incluíndo fenómenos como os deepfakes ou a automatización da propaganda.
«A intelixencia humana é clave para garantir que a IA se desenvolva con criterios de confianza e ao servizo do ben común»
Durante o acto, no que se deron a coñecer os detalles de este novo espazo de reflexión, o ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, subliñou a vocación de España de situarse na vangarda internacional en regulación da intelixencia artificial, apostando por un modelo que combine innovación e garantías democráticas.
A implicación do CiTIUS nesta iniciativa consolida o seu papel como axente de referencia no impulso dunha IA ética, fiable e centrada nas persoas, en liña cos principais marcos europeos de supervisión tecnolóxica. Neste contexto, o ministro anunciou que España acollerá a finais de abril a primeira xuntanza do Panel Científico de IA de Nacións Unidas, reforzando o seu posicionamento internacional como un dos países chave na gobernanza da intelixencia artificial. O CiTIUS (un centro cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Galicia Feder 2021-2027) sitúase así nun dos contornos onde se está definindo o futuro da IA a escala global.