Salto cualitativo cara ás tecnoloxías disruptivas: o CiTIUS participa no primeiro Centro Europeo de Excelencia en Computación Cuántica
QEX, un novo proxecto de investigación internacional con participación do centro, fomentará o desenvolvemento de tecnoloxías cuánticas e asegurará o liderado de Europa en computación cuántica.
O CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) da Universidade de Santiago de Compostela participa no proxecto QEX (Quantum EXcellence), o primeiro Centro Europeo de Excelencia en Computación Cuántica. Esta iniciativa pioneira, financiada pola entidade europea EuroHPC Joint Undertaking (EuroHPC JU), ten unha duración de catro anos e busca reforzar o liderado europeo en computación cuántica, achegando os beneficios desta tecnoloxía á ciencia, a industria e a sociedade.
Coordinado pola fundación neerlandesa Stichting QuantumDeltaNL, o proxecto reúne a once institucións de cinco Estados membros da Unión Europea, combinando experiencia en tecnoloxías cuánticas, supercomputación e desenvolvemento de software. No ámbito español, o proxecto conta cunha destacada participación galega a través da USC, a través do CiTIUS (baixo a dirección científica do investigador Tomás Fernández Pena), e o IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías), ademais do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Universidade da Coruña (a través do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, CITIC).
Os tres socios galegos desempeñarán un papel clave na construción desta sorte de 'fiestra única' europea para a computación cuántica. O seu traballo centrarase no desenvolvemento do entorno de acceso e uso dos computadores cuánticos, a creación de novas aplicacións e librarías de software, e a coordinación das actividades de benchmarking (avaliación comparativa) de computadores e aplicacións cuánticas. Ademais, participarán na formación de investigadores e usuarios, aproveitando a experiencia adquirida en proxectos previos, como TalentQ.
Un esforzo europeo para liderar a revolución cuántica
A computación cuántica representa un cambio de paradigma no procesamento de información. A diferenza dos ordenadores convencionais, que traballan con bits (0 ou 1), os computadores cuánticos utilizan qubits, capaces de existir en múltiples estados ao mesmo tempo, o que lles permite realizar cálculos complexos de forma exponencialmente máis rápida para certos problemas. Estas capacidades poderían transformar áreas como a ciencia de materiais, a criptografía, a intelixencia artificial ou a modelización climática.
QEX enmárcase na EuroHPC Joint Undertaking, unha entidade da Unión Europea creada en 2018 polo Consello e o Parlamento Europeos, en colaboración cos Estados membros e a industria, para impulsar o liderado europeo en supercomputación e tecnoloxías cuánticas, reforzando a súa soberanía tecnolóxica.
A EuroHPC JU está detrás da instalación dos superordenadores máis avanzados de Europa (como JUPITER en Alemaña ou MareNostrum 5 en España) e amplía agora a súa misión cara á computación cuántica mediante a creación de novos Centros de Excelencia Cuántica como QEX. Ao combinar recursos de computación clásica e cuántica, estes centros pretenden acelerar a innovación e construír un ecosistema cuántico europeo competitivo e soberano.
Contribución estratéxica
Coa participación destas tres institucións galegas, España (e en particular, Galicia) reforzan a súa posición como polo estratéxico no ámbito europeo da computación cuántica e a supercomputación, conectando a investigación académica avanzada coas infraestruturas nacionais e europeas.
«Participar en QEX permítenos aplicar a nosa experiencia en intelixencia artificial e computación de alto rendemento ao emerxente campo das tecnoloxías cuánticas», explica Tomás F. Pena, responsable científico do proxecto no CiTIUS (un centro cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Galicia Feder 2021–2027). «Esta colaboración non só reforza o papel de Galicia na innovación europea, senón que tamén abre novas oportunidades de formación e transferencia tecnolóxica».
Sobre QEX
QEX actuará como punto de referencia europeo para as aplicacións e ferramentas de computación cuántica, proporcionando acceso a recursos e coñecemento especializado. Ofrecerá apoio a usuarios científicos, empresas e institucións públicas mediante programas de formación, asesoramento personalizado e desenvolvemento colaborativo de aplicacións cuánticas, preparando a Europa para a próxima xeración da computación. O proxecto está financiado polo programa EuroHPC da Unión Europea, en virtude do acordo de subvención 101194491, e polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU) e a Axencia Estatal de Investigación (AEI, 10.13039/501100011033), cos proxectos PCI2025-163133, PCI2025-163180 e PCI2025-163229.