Obradoiro: 'Gamificación e Realidade Aumentada: Transformando a formación en prevención de riscos laborais no sector dos materiais compostos'

O proxecto DITMEP, financiado polo programa Erasmus+ da Unión Europea, ten como obxectivo promover a innovación na formación de prevención de riscos laborais, centrándose no sector dos materiais compostos.

A xornada do proxecto DITMEP 'Gamificación e Realidade Aumentada: Transformando a formación en prevención de riscos laborais no sector dos materiais compostos' celebrarase á o 22 de marzo no Centro de Formación A Aixola, en Marín, de 10:00 a 13:00, organizada polo o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Haberá opción de seguir o taller en liña a través dun enlace de Teams. Non deixes de confirmar a túa asistencia e indicar se asistirás en persoa ou en liña nesta ligazón.

Neste taller presentaranse os novos materiais didácticos creados no marco do Proxecto:

  • Unha ferramenta de Moodle cun total de 8 unidades dedicadas á prevención de riscos laborais nos talleres de composites, con contidos teóricos e actividades prácticas.

  • Unha aplicación de realidade aumentada para smartphones, para a formación en sinalización e selección de equipos de protección persoal. Podes descargala nesta ligazón se tes unha versión de Android 11, 12 ou 13, o eiqui se a versión é Android 9 ou 10.

Axenda:

  • 10:00: Benvida
  • 10:10: Presentación do Proxecto DITMEP e dos materiais: unidades didácticas PRL no sector dos composites, Moodle, actividades, aplicación de realidade aumentada. Lucía Fraga Lago, coordinadora da área de Formación do Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR
  • 10:30: Obradoiro: Utilización das dúas ferramentas de realidade aumentada para a formación en prevención de riscos laborais: Sinalización do espazo do obradoiro e selección de equipos de protección individual. Xiana Zapata Criado. Profesora de PRL no Centro de Formación A Aixola. Dr. Manuel Lama Penín. Profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela.
  • 11:45: Pausa café
  • 12:00: Visita guiada do Centro de Formación A Aixola
  • 13:00: Fin do evento

Máis información dispoñible no terceiro boletín del proyecto DITMEP.