CEPECD: Impulso da industria de contidos dixitais desde as universidades

A creación dun Centro de Produción e Experimentación de Contidos Dixitais (CEPECD) busca a xeración de contidos audiovisuais, produción e experimentación 3D, videoxogos, posprodución, almacenamento e difusión de contidos dixitais, así como dunha unidade transversal de formación neste tipo de contidos. Este é un ambioso proxecto dentro do programa “Profesionais Dixitais” para a promoción da industria audiovisual desde as universidades.

Obxectivos

  • Capacitar a un maior número de alumnos profesionais e empresas de base tecnolóxica no sector dos contidos dixitais.
  • Impulsar a creación dun espazo común que propicie a realización de accións conxuntas de formación e a transferencia tecnolóxica universidade-empresa e compartir coñecemento.
  • Favorecer a constitución de universidades como "polos de innovación", que actúen como referente académico e profesional.