OPTIPLAN4LIBREPLAN: Novos modelos de planificación de procesos produtivos no sector naval

O proxecto desenvolve un novo módulo de planificación intelixente de recursos na ferramenta LibrePlan. LibrePlan é unha aplicación web de fontes abertas para a planificación, monitorización e control de proxectos. Baseada nunha aplicación específica para os procesos productivos no sector naval, na actualidade evolucionou cara a unha ferramenta para a xestión xeral de calquera tipo de proxectos.

No proxecto se están a desenvolver e integrar estratexias innovadoras de planificación que contemplen a maior complexidade dos procesos produtivos, baseadas en técnicas de intelixencia artificial, que teñen sido unha fonte de modelos exitosos, na medida en que permiten obter solucións razoables a problemas complexos de planificación.

Obxectivos

  • Implementar un algoritmo de planificación de recursos baseado en técnicas de intelixencia artificial que busque a asignación óptima de tarefas respectando as restricións presentes na planificación.
  • Integrar e validar o módulo de planificación de recursos na ferramenta LibrePlan, a aplicación web de software libre para a xestión de proxectos máis completa no seu ámbito.