LODISCO: Rede temática de excelencia "LÓXICA DIFUSA E SOFT COMPUTING"

A anterior edición da rede LODISCO permitiu reforzar as liñas de colaboración entre os principais grupos de investigación en Soft Computing. Esta nova edición da rede agrupa a dez grupos de referencia na área de "Lóxica difusa e Soft Computing", articulando a súa actividade en torno ao desenvolvemento de aplicacións en tres grandes bloques:

  • Ciencia de Datos e Big data.
  • Toma de decisións.
  • Visión artificial.

Obxectivos

O obxectivo da nova edición da Rede LODISCO é aproveitar as relacións xa creadas na anterior edición para, ademais de potencialas, desenvolver aplicacións e colaboracións competitivas onde se aproveiten ao máximo as sinerxias entre as liñas de investigación dos distintos grupos que integran a rede para propoñer solucións innovadoras a problemas que se enmarcan dentro dos campos de Ciencia de Datos, Toma de Decisións e Visión por Computador.

Ligazón á páxina web do proxecto