Cristina Carbajal Pérez

Gradueime en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 2015. Despois fixen o Mestrado en Filoloxía Clásica e o Mestrado en Formación do Profesorado na Universidade Complutense de Madrid (UCM).

A partir de entón comenzou o meu interese polas linguaxes computacionais e empecei a traballar en consultorías informáticas como analista programadora. Entre os anos 2017 e 2021 especialiceime en NLU e na creación de asistentes conversacionais (chatbots).

Actualmente son investigadora predoutoral no CiTIUS. A miña tese céntrase na mellora do desenvolvemento de asistentes conversacionais e da calidade da interacción persoa-máquina dentro dun marco lingüístico bilingüe.