Iria De Dios Flores

Son graduada en Linguas Estranxeiras pola Universidade de Vigo (2013‚ premio fin de carreira) e mestra en Estudos Ingleses Avanzados pola Universidade de Santiago de Compostela (2014‚ premio fin de mestrado) – ambas titulacións cursadas na especialidade de lingüística. Doutoreime na Universidade de Santiago de Compostela en 2021 (doutoramento internacional‚ sobresaínte cum laude)‚ especializándome en procesamento da linguaxe. O meu perfil investigador xira ao redor da psicoloxía da linguaxe‚ a avaliación experimental‚ a creación de materiais lingüísticos‚ o tratamento de datos e o modelado estatístico. Acumulo uns sete anos de experiencia no eido da ciencia cognitiva da linguaxe traballando en laboratorios punteiros do ámbito estatal e internacional (p. ex. o Basque Center on Cognition‚ Brain and Language‚ o Cognitive Neuroscience of Language Laboratory da University of Maryland ou o Human Cognition Laboratory da Universidade do Minho). A miña produción científica actualizada está dispoñible na miña páxina web persoal. 

Na actualidade son investigadora posdoutoral no “Proxecto Nós”‚ onde traballo na creación de recursos lingüísticos textuais para o galego e a súa integración en ferramentas de procesamento da linguaxe natural.