José Ramóm Pichel Campos
José Ramóm Pichel Campos

Son enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña (UDC) e Doutor en Enxeñaría Informática pola EHU/UPV (Universidade do País Basco) cunha tese internacional sobre o cálculo automático da distância entre línguas https://addi.ehu.es/handle/10810/50329?locale-attribute=es, codirixida polo Dr. Iñaki Alegria (IXA Taldea) e o Dr. Paulo Gamalho (CITIUS).

O meu principal interese científico é o procesamento da linguaxe natural, especificamente a tradución automática. Son un dos fundadores/as de imaxin|software en 1997, empresa especializada nas tecnoloxías da linguaxe (PLN), localización e videoxogos educativos. Desde 2001, teño estado focado no desenvolvemento de proxectos de I+D+i en procesamento da linguaxe natural para a mesma empresa, como o proxecto Opentrad, unha plataforma de tradución automática en software libre, e CELTIC de vixilancia tecnolóxica e PLN, onde participou o CITIUS (Dr. Juan Carlos Pichel y Dr. Paulo Gamalho)..

Estou actualmente a participar no "Proxecto Nós" desenvolvido polo CITIUS e o ILG sobre Intelixencia Artificial aplicado ao Galego.

Canonical link