A Deputación de Pontevedra premia a un investigador do CiTIUS por un traballo que mellorará os sistemas de MeteoGalicia

Para superar esta barreira e mellorar a plataforma web que serve estes datos aos usuarios, o traballo presenta un algoritmo que permite traducir en texto, de xeito completamente automático, a información numérica, o que facilitará a implementación desta nova ferramenta en servizos como MeteoGalicia, que xa mostrou o seu interese pola tecnoloxía desenvolvida no estudo, de cara a ofrecer diariamente aos seus usuarios predicións meteorolóxicas especificas do ámbito local.