A spin-off do CiTIUS ' InVerbis' recibe o apoio do fondo 'Unirisco', que investirá máis de 100.000€ na compañía

*A sociedade de capital risco impulsada polas universidades e principais empresas de Galicia anuncia un investimento de máis de 100.000€* *na empresa **‘InVerbis Analytics**’, unha startup para a optimización intelixente de procesos empresariais creada no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS).*

Unirisco é unha sociedade de capital risco privada, cuxo principal propósito é acelerar a transferencia de coñecemento á sociedade a través do apoio á creación de spin-offs de base científica e tecnolóxica.

Desde a súa creación, Unirisco ten como misión o apoio a proxectos disruptivos creados no seo das universidades e enfocados a solucionar problemas existentes no mercado. Condicións que, en palabras da máxima responsable da sociedade, acaecen sobradamente no caso desta nova aposta: «InVerbis representa unha achega valiosísima ás empresas e organizacións que contan con procesos complexos, e que poden atopar na Intelixencia Artificial unha resposta aos seus retos de transformación dixital», conclúe Rodríguez Cuervo.apital riesgo impulsada por las universidades y principales empresas de Galicia anuncia una inversión de más de 100.000€ en la empresa ‘InVerbis Analytics’, una startup para la optimización inteligente de procesos empresariales creada en el Centro Singular de Investigación en Tecnologías Inteligentes de la Universidad de Santiago de Compostela (CiTIUS).