Aprendendo o sentido do tacto aos robots

O investigador do  CiTIUS Juan Antonio Corrales presentou onte nun foro europeo a súa participación nun dos catro proxectos europeos sobre a manipulación robótica de obxectos  deformables financiados polo programa ‘Horizonte 2020’.

Juan Antonio Corrales, investigador posdoutoral incorporado recentemente ao CiTIUS a través da convocatoria Beatriz Galindo, participou hoxe como relator convidado no workshop **‘**Soft objects robotics manipulation for the future of European factories’ (‘Manipulación robótica de obxectos deformables para o futuro das fábricas en Europa’), organizado pola Asociación Europea de Robótica,

Corrales, que ata a súa incorporación ao CiTIUS coordinaba os labores técnicos do proxecto SOFTMANBOT desde a institución líder do proxecto (a escola de enxeñaría superior Sigma Clermont, Francia), continuará colaborando desde Santiago de Compostela nesta proposta, unha do catro iniciativas sobre manipulación robótica de obxectos deformables financiadas en 2019 en toda Europa a través do programa de excelencia en investigación Horizonte 2020. Non será a única: paralelamente, o mozo científico do CiTIUS participa así mesmo na iniciativa conxunta ACROBA (AI-Driven Cognitive Robotic Platform for Agile Production environments), tamén en colaboración directa con Sigma Clermont, e presentada hoxe mércores por desde a institución coordinadora, a Universidade de Ciencias Aplicadas de Berna (BFH).

Ao longo da súa presentación no European Robotics Forum, Juan Antonio Corrales abordou a situación industrial actual, incidindo nas súas necesidades e mostrando o caso de uso dunha cela robótica nunha fábrica de xoguetes. O investigador serviuse deste exemplo para explicar o enfoque e os desafíos tecnolóxicos propostos no proxecto, que conta con elementos comúns a outros ámbitos, como a industria dos pneumáticos, o calzado ou o téxtil.

Todos os obxectos producidos por estas industrias teñen en común que parten de materias primas deformables. A súa manufactura implica afrontar tarefas que, na actualidade, requiren unha elaboración manual, como son, por exemplo, o desmoldeado de bonecas e solas de zapatos ou o ensamblado de pneumáticos e pezas deportivas.

Na actualidade, é común que estas tarefas sigan facéndose de maneira manual, polo que un dos maiores retos de SOFTMANBOT é conseguir que o robot aprenda as destrezas manuais que ten o humano, sempre supervisado por el. Trátase de crear mans robóticas destras para desempeñar tarefas que, a día de hoxe, seguen tendo un enorme compoñente manual. Un obxectivo de enorme interese para a industria, tal e como demostra o interese de multinacionais como Michelin ou Decathlon en formar parte do consorcio deste proxecto.

Máis información

Sobre SOFTMANBOT