Científicos do centro promoven un número especial da revista 'IEEE Computational Intelligence'

Os investigadores Alberto Bugarín e José María Alonso coordinan a publicación dun número monográfico sobre tecnoloxías Data-to-Text (D2T).

A revista IEEE Computational Intelligence Magazine, unha publicación indexada no 1º Cuartil do índice de impacto Journal Citation Reports (JCR) que cada ano publica o Instituto para a Información Científica - Thomson Reuters, lanzou recentemente un número especial centrado en tecnologías Data-to-Text, unha edición coordinada polos investigadores do CiTIUS Alberto Bugarín e Jose María Alonso (editor asociado da revista), en colaboración co Profesor da Universidade de Aberdeen Ehud Reiter, unha das máximas autoridades na materia a nivel mundial.

'Traducindo' datos numéricos a descricións en texto

A liña de investigación Data-to-Text ten como obxectivo desenvolver metodoloxías e técnicas que permitan a construción automática de informes, narrativas e outros textos en linguaxe natural, usando diferentes técnicas de Intelixencia artificial (IA).

Trátase dun ámbito no que destacan especialmente as contribucións realizadas polos investigadores do centro, especialmente nas áreas máis próximas ao desenvolvemento e aplicación de técnicas baseadas na lóxica borrosa; grazas a elas, os científicos obtiveron significativos avances á hora de mellorar o proceso de xeración de linguaxe empregada por estas tecnoloxías.