Convocatoria: «Contratos CiTIUS de Inicio a la Investigación»

O CiTIUS convoca tres contratos de inicio á investigación destinados a estudantes matriculados nun máster ou en etapa de tese, para a súa incorporación ao centro de investigación.

A convocatoria ten por obxectivo a captación de estudantes predoutorais interesados en desenvolver a súa tese nalgunha das liñas de investigación do CiTIUS. Os contratos, dun máximo de cinco meses de duración (ata o 31 de decembro de 2014) e unha asignación salarial de 1462,50 € brutos mensuais, pretenden cubrir o período existente entre a finalización dos estudos de Grao ou Máster e a resolución das axudas predoutorais autonómicas e estatais.

As candidaturas recibidas serán avaliadas periodicamente ata esgotar as prazas dispoñibles, e a resolución será publicada na web do CiTIUS.

Toda a información sobre a convocatoria e os formularios de inscrición está dispoñible na wiki do centro.