Convocatoria de novas adscricións ao CiTIUS

O centro abre o prazo para a recepción de expresións de interese no marco dunha nova convocatoria para a adscrición de persoal investigador adscrito ao CiTIUS.

O CiTIUS lanza unha nova convocatoria para a adscrición de persoal investigador adscrito, que estará suxeito a unha avaliación continua e rigorosa para determinar a súa permanencia no centro. A convocatoria está dirixida ao Persoal Docente e Investigador (PDI) e aos investigadores Ramón y Cajal da Universidade de Santiago de Compostela (USC), sempre que acrediten un alto nivel de publicacións relacionadas coas principais áreas temáticas do CiTIUS e unha probada capacidade para a captación de recursos externos.

Presentación de solicitudes de adscrición

A data límite para a presentación de solicitudes é o 24 de xullo de 2020 ás 14:00 (CEST). A solicitude debe enviarse a citius@usc.es  en formato pdf, utilizando o seguinte formulario

Proceso selectivo

O proceso de avaliación e selección será realizado pola Comisión Científica Externa do CiTIUS.

O nomeamento formal das persoas seleccionadas como persoal investigador adscrito será aprobado pola Comisión Reitora do CiTIUS, a través da firma dun compromiso formal cos obxectivos estratéxicos e a política organizacional do centro.

Contacto

Calquera aclaración ou consulta sobre esta convocatoria deberá dirixirse á dirección de correo electrónico citius@usc.es ou ser formulada a través dos seguintes números de teléfono: 881816410 ou 881816403.

Bases da convocatoria (pdf)