Convocatoria para a adscrición de IPs ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) lanza unha convocatoria destinada a recibir expresións de interese para a adscrición de novo persoal investigador, na categoría de Investigador/a Principal (IP).

O CiTIUS vén de anunciar a súa convocatoria anual de adscrición de persoal senior interesado en incorporarse ao equipo do centro. Esta convocatoria de solicitudes de vinculación está aberta ao persoal docente e ao persoal investigador que cumpra os seguintes requisitos:​

  • Persoal docente e investigador cun vínculo permanente coa institución á que pertenza. No caso de persoal alleo á USC, deberá subscribirse o correspondente convenio institucional.

  • Persoal investigador posdoutoral contratado na USC con cargo a programas de RRHH competitivos, ou con cargo a proxectos de investigación do centro.

    As persoas candidatas deberán acreditar un alto nivel de publicacións relacionadas coas principais áreas temáticas do CiTIUS e mostrar unha capacidade probada para a captación de recursos financeiros externos.

As solicitudes enviaranse por correo electrónico a citius@usc.es, antes das 14:00 do venres 3 de decembro de 2021