David Glowacki presenta no CiTIUS a tecnoloxía «danceroom Spectroscopy (dS)»

Deseñada en colaboración cun equipo mixto de profesionais das Ciencias e as Artes, «danceroom Spectroscopy (dS)» é o resultado da fusión entre áreas aparentemente dispares (Física, Danza, Informática), e xurde como resposta ás aspiracións divulgativas do seu creador. Glowacki sinalou que a idea inicial deste proxecto era «desenvolver algunha metáfora dun campo de enerxía, unha experiencia intuitiva que nos axudara a comprender mellor o comportamento dos átomos e as moléculas na escala microscópica».