Dous IPs do centro presentan a marca CiTIUS nos EEUU

A súa estancia, avalada por unha axuda Fullbright, pretende abrir unha liña de traballo regular entre o CiTIUS e o Computer Science Department da Universidade de Illinois

Procesadores multinúcleo e contadores hardware

Pola súa banda, Francisco F. Rivera colabora co grupo do profesor David Padua para lograr unha maior eficiencia dos procesadores multinúcleo, tanto a nivel de velocidade de execución como de consumo enerxético. A información obtida actualmente sobre o rendemento dos procesadores mediante o uso de PMUs (Performance Monitoring Units), e máis concretamente, dos contadores hardware, resulta de gran utilidade para modelar o rendemento dun programa en tempo de execución mediante o estudo dos seus accesos a memoria, polo que esta posta en común servirá para continuar avanzando no desenvolvemento de estratexias máis eficientes, xa sexan de migración de páxinas (entre distintos módulos de memoria) ou de migración de procesos paralelos (entre diferentes núcleos).

Fullbright: coñecemento transnacional

O programa Fulbright é un dos máis potentes instrumentos de diplomacia pública coñecidos. Os seus participantes, elixidos con criterios de transparencia en base aos seus méritos académicos e profesionais e potencial de liderado, teñen a oportunidade de estudar, ensinar e investigar pero, ante todo, de intercambiar ideas e contribuír a atopar solucións a retos e intereses de alcance global. Cun carácter dinámico e vocación de crecemento desde a súa creación en 1946, o programa facilita na actualidade intercambios entre cidadáns de EEUU e de máis de 150 países, co obxectivo de incrementar o entendemento mutuo entre as nacións. Unha iniciativa pioneira no intercambio educativo, científico e cultural, que máis de 65 anos despois continúa a ser referencia internacional grazas aos máis de 300.000 participantes que o dotaron de recoñecemento e prestixio no mundo enteiro.