Dous resultados científicos do centro no Spin2016

O CiTIUS participa no maior encontro de emprendemento universitario iberoamericano presentando dous dos seus casos de éxito máis recentes

Poña súa parte, o investigador predoutoral David Martínez Casas centrará o seu discurso no proceso de creación dunha empresa (a spin-off CloudDADIS), a partir dunha tecnoloxía identificada nun centro de investigación da USC (o CiTIUS), analizando as oportunidades dispoñibles e aproveitadas ao longo do proxecto. Finalmente se realizará unha demo dun caso de éxito da tecnoloxía, na que se mostrará aos asistentes o procesamento dos datos almacenados en sensores procedentes de varios edificios intelixentes da Universidade de Santiago.

Spin2016, o encontro

Cun perfil maioritario de novos universitarios interesados en proxectos innovadores de alto impacto a nivel de I+D e emprendemento, Spin2016 declárase como ‘un encontro aberto coa vocación de espertar, apoiar e impulsar o talento emprendedor e fortalecer a contribución da Universidade ao desenvolvemento económico e social’. Un lugar onde compartir experiencias, mellorar coñecementos e coñecer as últimas tendencias e tecnoloxías que, surxidas da investigación universitaria, lograron chegar ao mercado.