Homenaxe póstuma da UNED ao investigador José Mira

«Nesta escola moitos foron amigos, discípulos ou compañeiros de Pepe Mira. Dentro duns anos virán outros que non o terán coñecido, pero esta sala estará aquí para recordar á persoa que tanto fixo pola nosa universidade». (Alejandro Tiana, reitor da UNED).

O Profesor José Mira foi un dos referentes da Intelixencia Artificial en España, e o grande impulsor da docencia e a investigación no eido da Electrónica e Ciencias da Computación na Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 1981 e 1989.

O novo espazo multifuncional, cunha ampla dotación de ferramentas informáticas, converterase na nova sala de graos da institución e acollerá relatorios, reunións, conferencias web e sesións de traballo da propia Escola de Informática a UNED.