Investigadores do CiTIUS organizan unha xornada divulgativa sobre HTML5

Os investigadores do CiTIUS Alberto Bugarín e Eduardo Sánchez organizaron unha charla esta mañá sobre esta linguaxe web, que abrangueu a súa evolución ata as novidades actuais. A conferencia dirixiuse estudantes do Máster en Tecnoloxías da Información (MTIN) e do Grao de Enxeñería Informática (GREI) impartidos na Universidade de Santiago de Compostela.

O coloquio pronunciárono Esteban Vázquez e Antonio Varela, socios fundadores e consultores de Tesla Technologies, unha empresa galega especializada en deseño web HTML5 e programación JAVA. Nas súas intervencións repasaron a evolución dos estándares web, desde os seus inicios ata o actual HTML5, e comentaron as novidades que este supón á hora de facilitar o traballo dos desenvolvedores de solucións web, especialmente no tocante á orientación semántica da linguaxe. Tamén se fixeron eco das novas características multimedia, xeolocalización, almacenamento de datos en local, e as novas etiquetas entre as que destaca “<canvas>”.

Por último, trataron as posibilidades de combinar o HTML 5 con outras tecnoloxías e estándares web, como a nova especificación de follas de estilo CSS3, para a realización de webs, aplicacións e xogos.