O CITIUS organizou o XIII Workshop de Axentes Físicos centrado nas prestacións robóticas ás persoas

O CITIUS organizou o XIII Workshop de Axentes Físicos, un congreso centrado nas prestacións que a robótica pode ofrecer tanto a persoas como a industrias. O evento, que se celebrou o 3 e 4 de setembro, reuniu a máis dunha trintena de investigadores e acolleu tres conferencias e sete demostracións.

Un dos principais eixos do congreso consistiu na promoción do desenvolvemento da robótica ao servizo do cidadán. Neste senso pronunciouse a primeira das conferencias, "Asistencia bidireccional na interacción entre humanos e robots" a cargo de Yiannis Demiris. O profesor do Imperial College London incidiu na adaptación mutua entre robots e humanos cada vez máis presente nos ámbitos industrial e sanitario así como no propio fogar.

Para máis información sobre o congreso consulte esta ligazón.