O CiTIUS pon en funcionamento un novo clúster de computación de altas prestacións

Oas de computación paralela, dende a programación de fíos ata o paso de mensaxes en sistemas distribuídos.

Porén, na liña do compromiso do CiTIUS co aforro enerxético, os procesadores deste novo clúster están equipados cun mecanismo que permite adaptar, de xeito dinámico, o consumo de enerxía durante a execución dos programas. Por outra banda, na súa utilización estase a empregar unha tecnoloxía desenvolta na Universidade Politécnica de Valencia, que permite o apagado e acendido progresivo dos nodos computacionais en función da demanda de recursos dos usuarios. Deste xeito garántese a potencia computacional, ó tempo que se asegura un gasto enerxético moderado en etapas de baixa demanda (como vacacións ou fins de semana).