Oferta de traballo para desenvolvemento web

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CITIUS) selecciona candidatos para o deseño e implementación de nova funcionalidade na plataforma web de xestión da investigación e noutras ferramentas web de apoio á actividade investigadora e de difusión do centro.

Requisitos mínimos para presentación do candidato

  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos ou equivalentes:
    • Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos ou en Desenvolvemento de Aplicacións
    • Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas
    • Graduado en Informática
  • Coñecementos das linguaxes MySQL, PHP e JavaScript.
  • Coñecementos dos estándares HTML e CSS.

Habilidades valorables positivamente:

  • Experiencia cos entornos de traballo CakePHP, Twitter Bootstrap e Jquery.
  • Experiencia en deseño e maquetación utilizando ferramentas libres e HTML5/CSS3.
  • Coñecemento das linguaxes Perl, Ruby, Python e Bash.
  • Soltura no manexo de sistemas GNU/Linux.
  • Capacidade de organización do traballo.
  • Toma de decisións e iniciativa propia.
  • Compromiso cos obxectivos da organización.

Tarefas a desenvolver:

  • Ampliar as funcionalidades dun sistema de xestión da información para a organización, tomando como punto de partida un sistema que consta dunha ferramenta creada utilizando CakePHP, Twitter Bootstrap e JQuery, cunha base de datos funcionando sobre MySQL.
  • Asistencia ó desenvolvemento de solucións web segundo as necesidades do centro e colaborar no mantemento dos sistemas actuais en funcionamento. As tarefas desenvolveranse en colaboración e constante comunicación co persoal de apoio do centro.

Para máis información, ver o documento adxunto. Os interesados ou interesadas poden enviar o seu currículo mediante correo electrónico a citius.tic@usc.es ata o día 9 de Maio de 2014.