Próxima celebración da XIII edición do congreso WAF

Os próximos días 3 e 4 de Setembro tenrá lugar o XIII Workshop en Axentes Físicos, organizado polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIUS) da Universidade de Santiago de Compostela. O congreso reunirá a grupos de investigación que traballan en diferentes áreas da robótica e/ou a sua aplicación á industria.

Esta XIII edición do congreso WAF pretende promover e facilitar o avance no desenvolvemento dunha robótica ó servizo do cidadán. A modo de exemplo podese mencionar que durante o congreso presentaranse sistemas físicos e aplicacións robóticas destinados a apoiar tareas de rehabilitación, tratamento de pacientes con Alzheimer e asistencia a ancians. Nesta liña cabe destacar a participación no congreso do Dr. Yiannis Demiris (Imperial College London, UK), que falará da adaptación mutua entre robots e humans aplicada a sillas robotizadas ou tutores de baile robóticos para nenos hospitalizados. Outro dos aspectos que tamén se abordarán durante o congreso é a interacción robot-human. En concreto presentarase una cabeza mecatrónica realista con alta capacidade xestual, sistemas automatizados para o recoñecemento do estado de humor das persoas e a reproducción de expresións faciais, e un sistema de atención que poida proporcionar ós robots a suficiente información como para iniciar unha conversación con humans. Outro eixo importante que se abordará durante o congreso é o correspondente o desenvolvemento de novas estratexias que permitan lograr robots capaces de aprender a partir das suas propias experiencias, ou incluso novas formas de desenvolver software de control para robots. Isto é algo necesario si realmente queremos chegar a ver robots capaces de operar en entornos domésticos ou en centros de traballo, automatizando tareas comúns e colaborando con nos. Neste sentido é tamén importante mencionar a participación no congreso do Dr. Jan Peters (Technische Universitaet Darmstadt, Alemaña). Todos estes temas, entre outros que tamén se abordarán, son importantes de cara a madurar unha robótica de servizos cada vez máis necesaria nunha sociedade con un envellecemento notorio da poboación e na que os núcleos urbanos non cesan de crecer tanto en tamaño como en densidade de poboación.

O evento se celebrará entre a Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) e o edificio de recente construción que albergará o CITIUS. Ainda que as ponencias tenrán lugar na ETSE, o novo laboratorio de robótica do CITIUS proporcionará un escenario excelente para a realización dunha sesión de demostracións nas que varias das universidades participantes mostrarán algúns dos seus recentes avances en robótica.

Dado que un dos aspectos que trata de cubrir este congreso é a aplicación da robótica na industria, tamén é importante señalar que no marco do WAF celebrarase unha sesión titulada “Robots no escaparate: presente e futuro”, especialmente dedicada a poñer en contacto investigadores e emprendedores no ámbito da robótica. No marco de esta sesión, importantes empresas españolas no ámbito da robótica presentarán as suas principais liñas de traballo e expondrán os retos que se lles plantexan.

Para máis información http://eventos.citius.usc.es/waf2012/