Un TFG co-dirixido polo investigador do CiTIUS José Ramón Ríos Viqueira gaña o Premio SISTEDES e Steelmood 2015

A segunda edición do certame, que premia os mellores Traballos Fin de Grado e Máster relacionados con PHP, galardoou o TFG presentado por Iago Filgueira Farto, desarrollado e defendido na Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela (ETSE) e dirixido polos doutores D. José Ramón Ríos Viqueira, investigador do CiTIUS e D. Pedro José Rey Sanchiz.

O proxecto, titulado «Acceso web a información xeográfica nos campus da USC», desenvolve unha aplicación web na que, mediante a interacción con diversas capas sobre un mapa, calquera usuario pode obter información útil sobre a ubicación de instalacións e servizos de cada un dos campus da USC, con independencia do dispositivo desde o que acceda. O deseño, que foi realizado de forma modular para posibilita-la súa independencia respecto das distintas fontes de datos e integrable co resto de datos e servizos corporativos da USC, emprega as tecnoloxías actuais de posicionamento XPS e cálculo de ruta para facilitar a procura física de localizaciones aos usuarios.

O premio, dotado con 300 euros e diploma acreditativo, entregarase durante as Xornadas SISTEDES 2016 en Salamanca, en Setembro de 2016

A Sociedade de Enxeniería do Software e Tecnoloxía de Desarrollo de Software (SISTEDES) é unha asociación sen ánimo de lucro que centra os seus obxectivos en contribuir ao desenvolvemento científico e tecnolóxico na área da Enxeñería do Software e as Tecnoloxías de Desarrollo de Software, así como en promove-la investigación, a innovación e a transferencia de tecnoloxía. Pola súa parte, Steelmood surxe co obxectivo de impulsa-la toma de conciencia respecto da contribución do traballo individual á empresa e a sociedade, para centrar o talento e os esforzos na aportación de eficiencia aos procesos de negocio.