Un traballo do CiTIUS recibe o terceiro premio do «Best Student Paper Award» no congreso «European Conference on Circuit Theory and Design 2013» (ECCTD 2013)

Manuel Suárez Cambre, investigador predoutoral do CiTIUS, vén de obter o terceiro premio no «Best Student Paper Award», un galardón outorgado que se outorga no congreso internacional European Conference on Circuit Theory and Design 2013 (ECCTD 2013), celebrado entre os días 8 e 12 de setembro en Dresde -Alemaña- e patrocinado, entre outros, pola sociedade de circuítos e sistemas do IEEE (IEEE-CAS).

O traballo, titulado «A 176 x 120 Pixel CMOS Vision Chip for Gaussian Filtering with Massively Parallel CDS and A/D-Conversion», desenvolve unha proba de concepto para a implementación en chip de detectores de características de imaxes baseados en filtros gaussianos piramidais, e nel participaron como coautores outros dous investigadores do centro: Víctor Brea e Diego Cabello.