Un traballo presentado por investigadores do CITIUS, galardoado co Premio ao Mellor Póster no 10th IEEE International Symposium on Parallel and Distributed Processing with Applications

O traballo "Model Selection of Performance Models using Genetic Algorithms", asinado polos investigadores do CITIUS Diego R. Martínez, José C. Cabaleiro, Tomás F. Pena e Francisco F. Rivera, en colaboración con Vicente Blanco (Universidad de La Laguna), foi galardoado co Premio ao Mellor Póster no Congreso "10th IEEE International Symposium on Parallel and Distributed Processing with Applications", que tivo lugar en Leganés, entre os días 10 e 13 de xullo de 2012.
Neste traballo, os autores presentan un algoritmo xenético que permite reducir o tempo de obtención de modelos de rendemento dentro do proceso de modelado de TIA (Tools for Instrumentation and Analysis), un contorno de análisie que proporciona modelos precisos do rendemento de aplicacións paralelas mediante el emprego de técnicas estatísticas baseadas na selección de modelos.