Bolsas de Verán CiTIUS 2016

O CiTIUS ofrece cinco bolsas de 700€ para o desenvolvemento de prácticas formativas de investigación durante o mes de Xullo

CONVOCATORIA Fóra DE PrAZO - Gústache a ciencia?

Este verán o CiTIUS ofréceche a oportunidade de vivir unha experiencia investigadora na que poderás aproximarte ás últimas tecnoloxías relacionadas co Big Data, Visión Artificial ou os últimos avances en técnicas de aprendizaxe para o tratamento de información temporal.

Durante o mes de Xullo, terás a posibilidade de traballar directamente cos Investigadores Principais do centro nunha das liñas de investigación dos nosos Programas Científicos, así como participar en relatorios e ciclos formativos que terán lugar durante a túa estancia, para a cal recibirás 700 euros e unha axuda económica por gastos de traslado.

REQUISITOS

Os candidatos deben ter rematado o terceiro curso dos seus estudios de grao en Informática, Enxeñería de Telecomunicacións, Matemáticas, Física ou disciplinas similares, ou ter superado 140 créditos cunha nota media igual ou superior a 8,0

SOLICITUDES

Os interesados deberán remitir a documentación requerida a citius.idi@usc.es indicando no asunto [BOLSAS DE VERÁN] antes do día 22 de maio ás 23:59 h (CET).

Consulta as bases da convocatoria e descarga o formulario de solicitude