Ciclo: «Tecnoloxías da Información e das Comunicacións: o futuro xa chegou»

A Real Academia Galega de Ciencias e a Confederación de Empresarios de Galicia organizan unha serie de relatorios e mesas de debate sobre as novidades máis salientables no eido das TIC

Coordinado polo Profesor Senén Barro (Investigador Principal do CiTIUS e membro numerario da RAGC) o ciclo contará, entre outros, coa participación dos seus colegas Alberto Bugarín e Paulo Félix Lamas (na actualidade, Director Comisario do centro). A iniciativa está dirixida a estudantes, doutorandos e investigadores -en particular aqueles procedentes do ámbito das TIC ou titulacións afíns-, así como a profesionais e directivos de empresas e administracións públicas. Non obstante, os seus promotores confían en que as xornadas sexan asequibles para unha audiencia diversa e non especializada, polo que agardan que o espíritu divulgativo do ciclo tire a atención do público xeral, sen renunciar ó rigor científico. Os encontros tratarán de mostrar o crecente impacto que as TIC están a ter xa nalgúns ámbitos da vida cotiá, exercendo unha enorme influencia en áreas como a formación de profesionais, a I+D ou a produción de bens e servizos.

A inscrición, que permanecerá aberta ata o 12 de decembro ás 13:00 horas, é gratuita e deberá formalizarse vía telemática, cumprimentando o formulario online habilitado pola organización. Asemade, as persoas que o soliciten poderán obter un certificado de asistencia a este ciclo.

Data e hora: do 12 ó 15 de decembro ás 19:00.

Lugar: Salón de actos da CEG - Rúa do Vilar, 54 (Santiago).

Máis información**:**Programa de actividades - Detalles sobre o evento