Proxecto FUTURE – HDA: Internet do Futuro no Fogar Dixital Asistencial

O pasado venres presentouse o proxecto “FUTURE – HDA: Internet do Futuro no Fogar Dixital Asistencial” no Centro Principal de Operacións de R na Coruña. O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, e o Conselleiro Delegado de R, Arturo Dopico, presentaron o proxecto os medios, acompañados por representantes das demáis empresas e centros de investigación que conforman o consorcio.

FUTURE – HDA ten por principal obxectivo o desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica para o almacenamento, xestión e provisión de toda a información obtida a través dos sensores instalados nos fogares dos usuarios, todo iso dende a perspectiva do Fogar Dixital Asistencial. Tamén se desenvolverán novas tecnoloxías que permitirán ofrecer novos modelos de servizos para o Fogar Asistencial.

O consorcio de FUTURE – HDA compone de 7 empresas: R, que é o líder do proxecto, Aldaba, Bahía Software, Egatel, Grupo Hospital Modelo, Level Telecom, 2Mares xunto co CITIUS, Gradiant e os Grupos de Investigación Milegroup (UVigo) e IMEDIR (UDC). O proxecto desenvolverase ao longo de 2 anos e ten un presuposto total de máis de tres millóns de euros e foi financiado polo programa FEDER-INNTERCONECTA.

O CITIUS colaborará directamente con catro empresas do consorcio no desenvolvemento de este proxecto, aportando os seus coñecementos técnicos neste ámbito e participando activamente no desenvolvemento das diferentes fases do proxecto.